|
|
Line 1: |
Line 1: |
| {{definition-langs}}
| | Posts like this brighten up my day. Tahkns for taking the time. |
| | |
| {{divbox|1=gray|2=Versión estable|3=Esta é a versión estable '''1.1''' da definición. O número da versión actualizarase a medida que esta definición evolucione. Pódese tamén acceder á súa [[Definition/Unstable|versión editable (en inglés)]]. Vexa o [[authoring process|proceso de aprobación (en inglés)]] para máis información, e bótelle unha ollada ás [[translations|traducións]] se quere revisar a tradución a unha lingua ou mesmo creala.
| |
| | |
| <div style="text-align:right;">[[Definition/Gl/1.0|versión '''1.0''']]</div>
| |
| }}
| |
| | |
| ==Resumo==
| |
| Este documento define as '''obras culturais libres''' coma obras intelectuais ou expresións de coñecemento que poden ser estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas, por calquera, e para calquera fin. Tamén describe algunhas restricións aceptables que respectan ou protexen esas liberdades esenciais. A definición fai distincións entre ''obras libres'' e ''[[licenses|licenzas libres]]'' (en inglés), as cales poden usarse para protexer legalmente o estado dunha obra libre. A definición non é de por si unha licenza, senón unha ferramenta para determinar cando debería considerarse unha obra ou licenza "libre".
| |
| | |
| ==Limiar==
| |
| Os avances tanto sociais coma tecnolóxicos fan posible que unha crecente parte da humanidade poda ''acceder, crear, modificar, publicar e distribuír'' diversos tipos de obras: materiais artísticos, científicos e educativos, software, artigos... en resumo, ''calquera cousa que poda ser representada en formato dixital''. Formáronse moitas comunidades destinadas a facer exercicio destas novas posibilidades e crear unha colección de obras que podan volver utilizarse colectivamente.
| |
| | |
| A grande maioría dos autores, sen importar o campo da súa actividade nin o seu status de profesional ou afeccionado, ten un especial interese en favorecer un ecosistema no que as obras podan difundirse, volver utilizarse e evolucionar e dar lugar a outras de xeito creativo. Canto máis doado é crear obras derivadas e volver utilizalas, maior é a nosa riqueza cultural.
| |
| | |
| Para asegurar o axeitado funcionamento deste ecosistema, as obras intelectuais deberían de ser '''libres''', e por "libres" enténdase:
| |
| *'''liberdade para usar''' a obra e gozar dos beneficios que o seu uso nos proporcione,
| |
| *'''liberdade para estudar''' a obra e aplicar o coñecemento adquirido do seu estudo,
| |
| *'''liberdade para copiar e distribuír''' a obra total ou parcialmente, tanto no contido coma na forma,
| |
| *e '''liberdade para realizar cambios e melloras''', así coma para distribuír a obra resultante.
| |
| | |
| Se os autores non toman medidas, as súas obras "protéxense" baixo a lexislación existente de dereitos de autor, que limita seriamente o que outros poden e non poden facer. Os autores poden liberar a súa obra elixindo para este fin unha licenza, un tipo de documento legal. Para un autor, elixir protexer o seu traballo baixo unha ''licenza libre'' non significa perder todos os seus dereitos, senón darlle a calquera persoa todos os dereitos anteriormente citados.
| |
| | |
| É importante que calquera obra que presuma de ser libre forneza, sen posibilidade de confusión ou risco, as mencionadas liberdades. Isto é o motivo polo cal fornecemos unha '''definición de liberdade''' precisa para licenzas e para obras intelectuais.
| |
| | |
| ==Identificar obras culturais libres==
| |
| Esta é a ''definición de obras culturais libres'', e á hora de describir a súa obra, animámoslle a facer referencia a esta definición, algo coma "esta obra conta cunha licenza libre, como se explica na ''definición de obras culturais libres''". Se non lle gusta a expresión "obra cultural libre", pode utilizar o termo xenérico "contido libre", ou mesmo facer referencia a outro dos [[Existing Movements|movementos existentes]] (en inglés) que expresan liberdades semellantes en contextos máis específicos. Animámoslle tamén a usar os [[logos and buttons|logos e botóns de Free Cultural Works]], que están no dominio público.
| |
| | |
| Teña en conta que estas identificacións en realidade ''non'' confiren os dereitos descritos na definición. Para que a súa obra sexa realmente libre debe utilizar unha das [[Licenses|licenzas]] de cultura libre, ou estar no dominio público.
| |
| | |
| Non aconsellamos utilizar outros termos para identificar obras culturais libres que non conteñan unha definición clara de liberdade, coma "contido aberto" e "libre acceso". Frecuentemente utilízanse estes termos para referirse ao contido que está dispoñible baixo termos menos restritivos dos que permite a lexislación sobre o dereito de autor, ou simplemente para obras dispoñibles na Internet.
| |
| | |
| ==Definición de licenzas de cultura libre==
| |
| As licenzas son instrumentos legais a través dos cales o propietario de certos dereitos legais transfire estes dereitos a terceiros. As licenzas de cultura libre non quitan ningún dereito. Optar por elas sempre é opcional, e de facelo, garanten liberdades que a lexislación sobre dereito de autor non fornece por si mesma. Ao adoptalas, en ningún caso limitan ou reducen os dereitos establecidos na lexislación sobre dereito de autor.
| |
| | |
| ===Liberdades esenciais===
| |
| Co fin de ser recoñecida coma "libre" baixo esta definición, unha licenza debe garantir as seguintes liberdades sen limitacións:
| |
| *'''Liberdade para utilizar e interpretar a obra:''' debe permitirse calquera uso da obra, privado ou público. No caso das obras en que isto sexa relevante, esta liberdade deberá incluír todos os usos derivados ("dereitos relacionados") coma o de realizar ou interpretar a obra. Non debe haber ningunha excepción, como por exemplo, as relativas ás consideracións políticas ou relixiosas.
| |
| *'''Liberdade para estudar a obra e aplicar a información:''' debe permitirse examinar a obra e usar o coñecemento adquirido da mesma para calquera fin e de calquera xeito. A licenza non podería, por exemplo, restrinxir a "enxeñaría inversa".
| |
| *'''Liberdade para distribuír copias:''' as copias poderán distribuírse, xa sexa de balde ou por un prezo, coma parte dunha obra maior, unha colección ou de xeito individual. Non debe haber límite na cantidade de información que pode copiarse. Tampouco pode haber límite respecto a quen ou onde pode copiarse a obra.
| |
| *'''Liberdade para distribuír obras derivadas:''' para darlle a calquera a oportunidade de mellorar unha obra, a licenza non debe limitar a liberdade para distribuír unha versión modificada (ou, no caso de obras materiais, unha obra que semella derivada da orixinal), sen importar as intencións ou a finalidade das mencionadas modificacións. Así e todo, poden aplicarse certas restricións para protexer estas liberdades esenciais ou a atribución da autoría (véxase a continuación).
| |
| | |
| ===Restricións permisibles===
| |
| Non todas as restricións no uso ou distribución dunha obra impiden estas liberdades esenciais. Concretamente, o requisito de atribución da autoría, de compartir baixo as mesmas condicións ("copyleft") e de protección das liberdades esenciais considéranse [[permissible restrictions|restricións permisibles]] (en inglés).
| |
| | |
| ==Definición de obras culturais libres==
| |
| Para ser considerada libre, unha obra ''debe'' estar protexida por unha licenza de cultura libre, ou o seu status legal ''debe'' fornecer as mesmas ''liberdades esenciais'' enumeradas anteriormente. Así e todo, non abonda con esta condición. Unha obra concreta podería non ser libre noutros aspectos que restrinxen as liberdades esenciais. Estas son as condicións adicionais para que unha obra poda ser considerada libre:
| |
| *'''Dispoñibilidade da fonte:''' cando unha obra final sexa obtida a través da compilación ou procesamento dun ficheiro fonte ou varios, todos os ficheiros necesarios deberán estar dispoñibles, así coma a propia obra, baixo as mesmas condicións. Isto pode ser o caso das partituras dunha composición musical, os modelos usados nunha escena en tres dimensións, os datos técnicos dunha publicación científica, o código fonte dunha aplicación informática, ou calquera outra información similar.
| |
| *'''Uso dun formato libre:''' no caso dos ficheiros dixitais, o formato en que se fixo pública a obra non poderá estar protexido por patentes, salvo que se fornezan garantían ilimitadas e irrevogables de libre uso da tecnoloxía patentada. Aínda que ás veces poden usarse formatos privativos por razóns prácticas, ''debe'' haber dispoñible unha copia da obra nun formato libre para que esta poda considerarse libre tamén.
| |
| *'''Sen restricións técnicas:''' a obra ''debe'' estar dispoñible de forma que o aspecto técnico non limite as liberdades enumeradas anteriormente.
| |
| *'''Sen outras restricións ou limitacións:''' a obra en si mesma ''non debe'' estar baixo restricións legais (patentes, contratos, etc.) ou limitacións (coma dereitos de privacidade) que poderían impedir as liberdades antes mencionadas. Unha obra poderá facer uso das exencións legais de dereitos de autos vixentes (para citar obras protexidas, por exemplo), pero só a parte que son libres sen equívocos constitúen unha obra libre.
| |
| | |
| Noutras palabras, sempre que o usuario dunha obra non poda exercer as súas liberdades por motivos legais ou prácticos, o traballo non pode considerarse nin debe chamarse "libre".
| |
| | |
| ==Máis información==
| |
| ''As seguintes páxinas ou artigos están en inglés (son os orixinais).''
| |
| | |
| *En [[Licenses]] discútense as licenzas individuais, e se cumpren ou non o exposto nesta definición.
| |
| *Vexa [[History]] para afondar nos motivos que levaron a esta definición.
| |
| *No [[FAQ]] atopará algunhas preguntas frecuentes coas súas respostas.
| |
| *Vaia a [[Portal:Index]] para ver páxinas relativas a asuntos específicos acerca das obras artísticas libres.
| |
| | |
| ==Versións==
| |
| As novas versións desta definición lanzaranse tan cedo como haxa un consenso (acadado a través dun proceso de votación, así coma por un de [[authoring process|aprobación]]) acerca dos cambios suxeridos. A numeración será 0.x para as versións iniciais, 1.x, 2.x ... para as versións máis importantes, x.1, x.2 ... para as versións con pequenos cambios. As versións con pequenos cambios son aquelas nas que as modificacións non teñen ningún impacto no ámbito das licenzas, existentes ou hipotéticas, que concordan con esta definición.
| |
| | |
| __NOTOC__
| |
| | |
| __NOTOC__
| |