Version 1.1 of the definition has been released. Please help updating it, contribute translations, and help us with the design of logos and buttons to identify free cultural works and licenses!

Definition/Gl

From Definition of Free Cultural Works
Jump to: navigation, search

Versión estable
Esta é a versión estable 1.1 da definición. O número da versión actualizarase a medida que esta definición evolucione. Pódese tamén acceder á súa versión editable (en inglés). Vexa o proceso de aprobación (en inglés) para máis información, e bótelle unha ollada ás traducións se quere revisar a tradución a unha lingua ou mesmo creala.
versión 1.0

[edit] Resumo

Este documento define as obras culturais libres coma obras intelectuais ou expresións de coñecemento que poden ser estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas, por calquera, e para calquera fin. Tamén describe algunhas restricións aceptables que respectan ou protexen esas liberdades esenciais. A definición fai distincións entre obras libres e licenzas libres (en inglés), as cales poden usarse para protexer legalmente o estado dunha obra libre. A definición non é de por si unha licenza, senón unha ferramenta para determinar cando debería considerarse unha obra ou licenza "libre".

[edit] Limiar

Os avances tanto sociais coma tecnolóxicos fan posible que unha crecente parte da humanidade poda acceder, crear, modificar, publicar e distribuír diversos tipos de obras: materiais artísticos, científicos e educativos, software, artigos... en resumo, calquera cousa que poda ser representada en formato dixital. Formáronse moitas comunidades destinadas a facer exercicio destas novas posibilidades e crear unha colección de obras que podan volver utilizarse colectivamente.

A grande maioría dos autores, sen importar o campo da súa actividade nin o seu status de profesional ou afeccionado, ten un especial interese en favorecer un ecosistema no que as obras podan difundirse, volver utilizarse e evolucionar e dar lugar a outras de xeito creativo. Canto máis doado é crear obras derivadas e volver utilizalas, maior é a nosa riqueza cultural.

Para asegurar o axeitado funcionamento deste ecosistema, as obras intelectuais deberían de ser libres, e por "libres" enténdase:

Se os autores non toman medidas, as súas obras "protéxense" baixo a lexislación existente de dereitos de autor, que limita seriamente o que outros poden e non poden facer. Os autores poden liberar a súa obra elixindo para este fin unha licenza, un tipo de documento legal. Para un autor, elixir protexer o seu traballo baixo unha licenza libre non significa perder todos os seus dereitos, senón darlle a calquera persoa todos os dereitos anteriormente citados.

É importante que calquera obra que presuma de ser libre forneza, sen posibilidade de confusión ou risco, as mencionadas liberdades. Isto é o motivo polo cal fornecemos unha definición de liberdade precisa para licenzas e para obras intelectuais.

[edit] Identificar obras culturais libres

Esta é a definición de obras culturais libres, e á hora de describir a súa obra, animámoslle a facer referencia a esta definición, algo coma "esta obra conta cunha licenza libre, como se explica na definición de obras culturais libres". Se non lle gusta a expresión "obra cultural libre", pode utilizar o termo xenérico "contido libre", ou mesmo facer referencia a outro dos movementos existentes (en inglés) que expresan liberdades semellantes en contextos máis específicos. Animámoslle tamén a usar os logos e botóns de Free Cultural Works, que están no dominio público.

Teña en conta que estas identificacións en realidade non confiren os dereitos descritos na definición. Para que a súa obra sexa realmente libre debe utilizar unha das licenzas de cultura libre, ou estar no dominio público.

Non aconsellamos utilizar outros termos para identificar obras culturais libres que non conteñan unha definición clara de liberdade, coma "contido aberto" e "libre acceso". Frecuentemente utilízanse estes termos para referirse ao contido que está dispoñible baixo termos menos restritivos dos que permite a lexislación sobre o dereito de autor, ou simplemente para obras dispoñibles na Internet.

[edit] Definición de licenzas de cultura libre

As licenzas son instrumentos legais a través dos cales o propietario de certos dereitos legais transfire estes dereitos a terceiros. As licenzas de cultura libre non quitan ningún dereito. Optar por elas sempre é opcional, e de facelo, garanten liberdades que a lexislación sobre dereito de autor non fornece por si mesma. Ao adoptalas, en ningún caso limitan ou reducen os dereitos establecidos na lexislación sobre dereito de autor.

[edit] Liberdades esenciais

Co fin de ser recoñecida coma "libre" baixo esta definición, unha licenza debe garantir as seguintes liberdades sen limitacións:

[edit] Restricións permisibles

Non todas as restricións no uso ou distribución dunha obra impiden estas liberdades esenciais. Concretamente, o requisito de atribución da autoría, de compartir baixo as mesmas condicións ("copyleft") e de protección das liberdades esenciais considéranse restricións permisibles (en inglés).

[edit] Definición de obras culturais libres

Para ser considerada libre, unha obra debe estar protexida por unha licenza de cultura libre, ou o seu status legal debe fornecer as mesmas liberdades esenciais enumeradas anteriormente. Así e todo, non abonda con esta condición. Unha obra concreta podería non ser libre noutros aspectos que restrinxen as liberdades esenciais. Estas son as condicións adicionais para que unha obra poda ser considerada libre:

Noutras palabras, sempre que o usuario dunha obra non poda exercer as súas liberdades por motivos legais ou prácticos, o traballo non pode considerarse nin debe chamarse "libre".

[edit] Máis información

As seguintes páxinas ou artigos están en inglés (son os orixinais).

[edit] Versións

As novas versións desta definición lanzaranse tan cedo como haxa un consenso (acadado a través dun proceso de votación, así coma por un de aprobación) acerca dos cambios suxeridos. A numeración será 0.x para as versións iniciais, 1.x, 2.x ... para as versións máis importantes, x.1, x.2 ... para as versións con pequenos cambios. As versións con pequenos cambios son aquelas nas que as modificacións non teñen ningún impacto no ámbito das licenzas, existentes ou hipotéticas, que concordan con esta definición.



Personal tools
Namespaces
Variants
Actions
Navigation
Toolbox